Modo panorámico
Seleccione o modo panorámico
da barra de ferramentas.
Para comezar a captura dunha imaxe panorámica, prema a
tecla de captura.
Xire lentamente a cámara cara á esquerda ou cara á dereita
para comezar a capturar a imaxe panorámica. Na pantalla
aparece unha vista previa da panorámica e mentres vostede
xira a cámara, a imaxe é capturada. A frecha verde indica que
pode comezar a xirar lentamente a cámara. A marca de pausa
vermella indica que debería parar de mover a cámara ata que
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
51
Internet
a frecha verde apareza de novo. O seguinte marco é
capturado cando o rectángulo vermello se move cara ao
centro da área de previsualización.
Para completar a captura, prema a tecla de captura ou
seleccione Deter. A captura panorámica detense
automaticamente cando se alcanza a anchura máxima de
imaxe.