
Speech
Seleccione
>
Axustes > Discurso.
Con Speech, pode axustar o idioma, a voz e as propiedades
da voz do lector de mensaxes.
Para axustar o idioma do lector de mensaxes, seleccione
Idioma. Para descargar idiomas adicionais no dispositivo,
seleccione Opcións > Descargar idiomas. Cando descargue
un novo idioma, cómpre descargar polo menos unha voz para
ese idioma.
Para axustar a voz que fala, seleccione Voz. A voz depende
do idioma seleccionado.
Para axustar a velocidade da fala, seleccione Velocidade.
Para axustar o volume da fala, seleccione Volume.
Para ver os detalles dunha voz, abra a ficha da voz, seleccione
a voz e Opcións > Detalles da voz. Para escoitar unha voz,
selecciónea e Opcións > Reproducir voz.
Para eliminar idiomas ou voces, seleccione o elemento e
Opcións > Borrar.