Nokia 6720 classic - Actualizacións de software

background image

Actualizacións de software

É posible que Nokia produza actualizacións de software que

ofrezan funcións novas, melloradas ou un funcionamento

mellorado. É posible solicitar estas actualizacións mediante

a aplicación de ordenador Nokia Software Updater. É posible

que as actualizacións de software non estean dispoñibles

para tódolos produtos e as súas variantes. É posible que non

todos os operadores aproben ás últimas versións de software

dispoñibles.
Para actualizar o software do dispositivo, cómpre dispoñer

da aplicación Nokia Software Updater e dun ordenador

compatible co sistema operativo Microsoft Windows XP ou

Vista, acceso á Internet de banda ancha e un cable de datos

compatible para conectar o dispositivo ao ordenador.

Aviso: Se instala unha actualización de software, non

poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar

chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e

reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de

seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha

actualización.
Para obter máis información e descargar a aplicación Nokia

Software Updater, visite a páxinawww.nokia.com/

softwareupdate ou o seu sitio web local de Nokia.
Se a súa rede admite a transmisión de actualizacións de

software, tamén poderá solicitar actualizacións mediante o

dispositivo.

Suxestión: Para comprobar a versión de software do

seu dispositivo, insira *#0000# na pantalla de inicio.