Actualizacións de software polo aire
Seleccione
>
Axustes > Actuali. soft..
Con Software update (servizo de rede) pódese comprobar se
hai actualizacións dispoñibles para o software ou as
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
20
aplicacións do dispositivo e descargalas e instalalas no
dispositivo.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos (servizo de
rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga
suficiente ou conecte o cargador antes de iniciar a
actualización.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non
poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar
chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.
Despois de actualizar o software ou as aplicacións do
dispositivo mediante Software update, é posible que as
instrucións relacionadas coas aplicacións actualizadas da
Guía do usuario ou das axudas non estean actualizadas.